Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 158

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

AUTO (02/0006050/1997).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia certifico que no recurso que se dirá recaeu a resolución que literalmente copiada é como segue:

Dilixencia. A Coruña, dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito. Esténdoa eu, secretaria, para facer constar que se recibiu o exemplar do Diario Oficial de Galicia onde consta a publicación do edicto expedido e que transcorreu con exceso o termo conferido ó recorrente sen que acreditase que solicitou a xustiza gratuíta. Dou conta á sala e dou fe.

A Coruña, dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Dada conta e feitos:

Primeiro. O presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 6050/1997, interposto por Coco Félix, contra resolución do Ministerio do Interior do 6 de maio de 1997, pola que se denega o recoñecemento da condición de refuxiado e o dereito a asilo, requiriuse o referido recorrente por medio do Diario Oficial de Galicia co fin de que a solicitude de designación de avogado e procurador da quenda de oficio, debería formulala ante o Colexio de Avogados desta cidade ou ante o xulgado do seu domicilio; con apercibimento de que se así non o verificase dentro do prazo de trinta días se procedería sen máis trámite ó arquivo das actuacións, debendo acreditar ante esta sala a efectiva presentación da devandita solicitude dentro dos dez días seguintes ó do remate do anterior prazo.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Que transcorrido con exceso o prazo conferido, sen que acreditase o recorrente a efectiva presentación da solicitude dos beneficios de xustiza gratuíta, procede, de conformidade co disposto, acorda-lo arquivo das actuacións, sen custas.

A sala acorda: o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 6050/1997, interposto por Coco Félix.

Acordárono e asínano os Ilmos. señores anotados na marxe.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Coco Félix, expido e asino a presente certificación na Coruña o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

11020