Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 112

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMISIÓN XESTORA DO COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA

CONVOCATORIA a tódolos protésicos dentais de Galicia.

Por acordo da comisión xestora, (nomeada polas respectivas asociacións), convócase a asemblea constituínte do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

Que se celebrará no salón de actos da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela o día 23 de xaneiro de 1999, ás 10.30 horas na 1ª convocatoria, e ás 11 horas na 2ª, coa seguinte orde do día:

1. Informe e aprobación, se precede, da xestión da comisión xestora.

2. Aprobación dos estatutos do colexio.

3. Constitución formal do colexio.

4. Elección da xunta do goberno provisoria.

Rogelio Vigo Morandeira

Presidente da Comisión Xestora do Colexio Oficial

de Protésicos Dentais de Galicia