Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Roque.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña M.U.R. 813 entre os CC.TT. Avda. de Marín e Almirante Matos alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en San Roque (na praza do Gremio de Mareantes), rematando na mesma liña, no cruzamento das rúas San Roque e Ribeira dos Peiraos, concello de Pontevedra. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 220 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 9 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11234