Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 48

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 28 de decembro de 1998 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, da secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Verín.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 23 de decembro de 1998. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia, r/ Capitán Varela, s/n, A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no punto décimo primeiro da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno do 18-12-1998:

Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Verín número dous, María del Carmen Isasi Varela.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial: Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da xerencia territorial».

Así mesmo fáise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno con data do 18-12-1998, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, rogándolle envíe a esta Presidencia un exemplar del, no que se faga aquela para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 28 de decembro de 1998.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia