Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 47

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 27 de octubre de 1998, da Delegación Especial de Galicia, de notificación de procedemento que se relaciona.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, situada na rúa Comandante Fontanes, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparencencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Leónides Puga Vázquez.

NIF:76482874P.

Procedemento: dilixencia/notificación embargo de valores e participacións.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación especial da AEAT en Galicia, rúa Comandante Fontanes 10- 5ª A Coruña.

A Coruña, 27 de outubro de 1998.

Cesar Pintado Monleón

Inspector adxunto á URRE

10645