Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 31

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de outubro de 1998 pola que se procede á regularización da situación administrativa da batea Nito.

Visto o expediente promovido por Benito Conde Álvarez con DNI 35.430.357 titular da batea denominado Nito, con autorización provisional de fondeo na cuadrícula nº 75, do polígono Vilagarcía «G», outorgada pola Comandancia de Mariña con data do 25-3-1981.

Considerando que a Comisión de Revisión e Reordenación de Polígonos de Viveiros Flotantes da provincia de Pontevedra, na reunión celebrada con data do 28-6-1991, propón que se outorgue a concesión administrativa ás autorizacións provisionais fondeadas e que se encontren en explotación.

Considerando que a citada batea figura incluída na folla nº 62 do acordo de reordenación do distrito marítimo de Vilagarcía, feito público no Diario Oficial de Galicia nº 55, do 18-3-1996.

Tendo en conta o disposto na circular 7/92, do 27-6-1972, da Dirección Xeral de Pesca Marítima, no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais lexislación aplicable.

Esta consellería, facendo uso das competencias e facultades que ten conferidas, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, e logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico,

RESOLVE:

Regulariza-la situación administrativa para a explotación da batea Nito na cuadrícula nº 84 do polígono Vilagarcía «B», pertencente ó distrito marítimo de Vilagarcía.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: a concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados desde a data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, prorrogables por períodos sucesivos de dez anos, ata un máximo de dúas prórrogas.

Segunda: as características da batea serán as seguintes:

Nome da batea: Nito.

Titular da concesión: Benito Conde Álvarez.

Situación: cuadrícula nº 84, polígono Vilagarcía «B».

Características do artefacto:

Plataforma: 20 m x 18 m.

Flotadores: 6 de 2,50 m x 2,50 m.

Características do cultivo:

Especie: ostra plana (ostrea edulis).

Cultivo en cordas:

Cordas:

Nº máximo: 3.000.

Densidade máxima: 6 cordas/m útil.

Lonxitude máxima: 7 m.

Terceira: a concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, no artigo 14 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, ou polo incumprimento dalgunha das condicións recollidas na presente resolución.

Cuarta: de acordo co disposto no artigo 24 do citado Decreto 406/96, a batea estará debidamente identificado mediante unha placa, de acordo co modelo aprobado para o efecto, pola orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 28-1-1998 (DOG nº 30).

Quinta: ó establecemento seralle de aplicación o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, Decreto 406/1996, do 7 de novembro e demais lexislación concordante.

Sexta: o concesionario xustificará ó pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acredita-la declaración de non estar suxeito o acto a tal imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazos previstos nos artigos 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1998.

P.O. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

11660