Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 30

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998 pola que se corrixe a do 10 de novembro de 1998 pola que se revoga a do 29 de novembro de 1995 e se modifican as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Covas, Esmelle, Marmancón e Mandiá (Ferrol-A Coruña).

En relación coa Resolución do 10 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se revoga a resolución da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural do 29 de novembro de 1995 e se modifican as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón (Ferrol-A Coruña), detectáronse os erros mecanográficos que seguidamente se sinalan:

Visto o artigo 105 p2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o artigo 39 da Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e demais disposicións de aplicación ó caso.

Esta dirección xeral, de conformidade con todo o que antecede, acorda rectifica-los referidos erros de forma que:

1. Onde di: «Esta dirección xeral, en uso das facultades que lle veñen conferidas pola citada lei galega, acorda: 1.-Revogar integramente os puntos 2 e 3 da resolución da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, do 29 de novembro de 1995, modificatoria das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)».

Debe dicir: «Esta dirección xeral, en uso das facultades que lle veñen conferidas pola citada lei galega, acorda: 1.-Revogar integramente o punto 2 da resolución da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, do 29 de novembro de 1995, modificatoria das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)».

2. Onde di: «Esta dirección xeral, en uso das facultades que lle veñen conferidas pola citada lei galega,

acorda: 2.-Modifica-las bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (ferrol-A Coruña), no sentido de: 2.3) Excluí-las parcelas nº 45 a 62 (ambas inclusive) e 134 a 171 (ambas inclusive) do polígono 11-1 de bases definitivas, en consonancia coa recomendación recollida no informe emitido o 25 de agosto de 1998 pola Demarcación de Costas en Galicia».

Debe dicir: «Esta dirección xeral, en uso das facultades que lle veñen conferidas pola citada lei galega, acorda: 2.-Modifica-las bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña), no sentido de: 2.3) Excluí-las parcelas nº 45 a 62 (ambas inclusive) do polígono 11-1 de bases definitivas e 134 a 171 (ambas inclusive) do polígono 1-3 de bases definitivas, en consonancia coa recomendación recollida no informe emitido o 25 de agosto de 1998 pola Demarcación de Costas en Galicia».

3. Dispoñer que a presente resolución se comunique ás administracións públicas implicadas, así como que para o seu xeral coñecemento se publique na forma prevista na lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1998.

José Mariano Pérez Fernández

Director xeral de Desenvolvemento Rural

11318