Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 29

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/304-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: Modf. do proxecto de L.M.T. D.C. Meirama-Mesón.

Situación: Cerceda e Ordes.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e en dobre circuíto, con orixe en celas media tensión existentes en subestación de Meirama, de 752 m de lonxitude, e remate no apoio base subterráneo-aéreo. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto, sobre apoios de formigón e metálicos, de 3.184 m de lonxitude, con orixe na liña arriba citada e remate no nº 23. Ordes-Cerceda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11351