Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre o gasto público nas autonomías, en colaboración coa Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:
1. Obxectivos.
Afondar no coñecemento da temática respectiva e promover un debate arredor do pasado, presente e futuro do gasto das facendas autonómicas.
2. Contido.
A atención destas xornadas dedícase fundamentalmente a cinco áreas de interese prioritario: investimento público, gasto social, control do gasto público, comportamento do gasto e promoción económica.
As cinco áreas anteriores tentan abarca-la complexa realidade do gasto público autonómico no eido dos seus obxectivos, dinámica e control.
3. Destinatarios.
Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.
4. Desenvolvemento.
-Horario: mañá e tarde.
-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela) os días 14 e 15 de xaneiro de 1999.
5. Inscrición.
-Prazo: remata o mércores, día 13 de xaneiro de 1999.
-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.
-Número de prazas: limitado á capacidade do local.
-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.
Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 13 de xaneiro, por teléfono, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.
6. Modificacións.
A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.
7. Certificación de asistencia.
Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1998.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración Pública
11535