O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións
que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración de catéteres Swan-Ganz e implantes.
Orzamento: 17.364.000 ptas.
Garantía provisional: 347.280 ptas.
Lote 1: Cat. Swan-Ganz 7F 110CM standard.
Orzamento: 4.320.000 ptas.
Garantía provisional: 86.400 ptas.
Lote 2: Cat. Swan-Ganz Satur. V. 5.5F 75CM.
Orzamento: 2.100.000 ptas.
Garantía provisional: 42.000 ptas.
Lote 3: Cat. Swan-Ganz Satur. V. 7.5F 110CM.
Orzamento: 5.184.000 ptas.
Garantía provisional: 103.680 ptas.
Lote 4: Cat. Swan-Ganz 3A 1394 7.5F.
Orzamento: 3.360.000 ptas.
Garantía provisional: 67.200 ptas.
Lote 5: Cat. Implant. venosa c/reservorio.
Orzamento: 2.400.000 ptas.
Garantía provisional: 48.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación anticipada.
2. Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo servicio de compras e subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financieira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006, A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas
do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 15 de decembro de 1998.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
11793