Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: modificación 1 o proxecto L.M.T.S., C.T.C. Breixo II.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, denominada Breixo II. Oleiros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 23 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11335