Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/162-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Punxeiras-núcleo urbano Bertamiráns.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de

110 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Avda. A Mahía (en tramitación) e remate no C.T. Cumega, que se vai instalar de 635 m de lonxitude, con orixe na liña Roxos-Bertamiráns (Cantallarrana) (expediente 50963) e remate no C.T. Avda. A Mahía (urbanización Las Palmeras). Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en camiño do Lodeiro. Rede de baixa tensión, subterránea, baixo tubo e con conductor R.V. 0,6/1 kV, en conductor de 4(1x240) mm, de 140 m de lonxitude, que sae do C.T. Pateiras. Ames.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 23 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11092