Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1998 pola que se anuncia o concurso público, con procedemento aberto, para a contratación, mediante tramitación urxente, da asistencia para redacción do proxecto básico de arquitectura para as obras de rehabilitación integral do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro, en Nogueira de Ramuín (Ourense).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia da asistencia que se cita:

1. Obxecto: contratación de asistencia para redacción do proxecto básico de arquitectura para as obras de rehabilitación integral do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro, en Nogueira de Ramuín (Ourense).

2. Orzamento de licitación: 9.258.619 ptas. (nove millóns duascentas cincuenta e oito mil seiscentas dezanove pesetas), IVE incluído.

3. Garantía definitiva: dispensada, de cordo co artigo 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación requirida: non se esixe.

6. Exposición do prego de cláusulas: o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

7. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día hábil.

8. Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 6.2, parágrafo segundo, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 12 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado, a mesa celebrarase o seguinte día hábil.

11. Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

11287