Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/167-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Gundiás, A Acea e Vilaboa.

Situación: Allariz.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea espida, a 20 kV, de 30 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 85 da L.M.T. Allariz-San Cibrao e remate no apoio nº 2 da L.M.T. proxectada a Gundiás. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 200 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20-3x240, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. proxectado a Gundiás e remate no C.T. proxectado pé de poste, de Gundiás, con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 4.413 m do C.T. de Gundiás, en conductor R.Z. R.B.T. aérea de 1.065 m do C.T. existente en caseta na Acea en conductor R.Z. R.B.T. aérea de 1.143 m de lonxitude do C.T. existente en caseta de Vilaboa, en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea de 17 m, en conductor R.V. 4x240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 20 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11329