Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: C.T. de distribución tipo soto en Beato Aparicio.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV, de 150 m de lonxitude, derivada desde a liña ó C.T. Matadoiro e C.T. estación de bus de Ourense (expediente 95/37 A.T.),
e rematará no C.T. proxectado no soto do edificio en construcción da r/ Beato Sebastián Aparicio (Ourense), cunha potencia de 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 25 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
10875