Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da programación plurianual do plan de construcción e reparación urxente de casas de concello 1998-1999 e aprobación da primeira fase do plan, anticipada de 1999.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación das obras incluídas na programación plurianual do plan de construcción e reparación urxente de casas de concello 1998-1999 e aprobación da primeira fase do plan, anticipada de 1999, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan.

2. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, contados desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de decembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Programación plurianual do plan de construcción e reparación urxente de casas de concello 1998-1999 e aprobación da primeira fase do plan, anticipada de 1999.

Denominación obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da

obra que se vai dirixir

Prazo

execución da obra que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Boqueixón

Remate de ampliación Casa do Concello Boqueixón3.241.366Ano 1999: 3.241.366 6 mesesNon se esixe64.827129.655

Cabanas

Ins. Calefacción na nova Casa do Concello Cabanas5.119.956Ano 1999: 5.119.9563 mesesNon se esixe102.399204.798

Mesía

Reparación edificación Casa do Concello Mesía4.998.704Ano 1999: 4.998.704 6 mesesNon se esixe99.974199.948

Rianxo

Rep. urxente dos aseos e calabozos Concello Rianxo6.180.603Ano 1999: 6.180.8032 mesesNon se esixe123.612247.224

Santa Comba

Reparación e mantemento fachada Concello Santa Comba3.961.384Ano 1999: 3.961.3842 mesesNon se esixe79.228158.455

Toques

Ampliación e reforma Casa do Concello Toques11.262.354Ano 1999: 11. 262.3546 mesesNon se esixe225.247450.494