Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.737

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 1998, polo que se modifica a relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia.

Próximo a convocarse o concurso para a provisión de prazas correspondente á Administración especial da Xunta de Galicia, esta modificación parcial da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, pretende a adecuación das características dos postos de traballo que se recollen no anexo adxunto e sinalado coas sentencias números 94/1997, 241/1997, 245/1997, 246/1997, 265/1997, 287/1997, 290/1997 e 166/1997 da Sala del Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e oito,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de decembro de 1998, relativo á modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique a citada modificación no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Na relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia publicada no DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario.

Na páxina 9.945, no centro de destino Secretaría Xeral, no posto co código «OT.B01.00.000.15770.038 Xefe de Unidade Per

soal e Réxime Interior», na columna Titulacións suprímese «2062».

Na páxina 9.946.

No centro de destino Departamento Xestión do Dominio Público Hidráulico, no posto co código «OT.B01.00.001.15770.029 Xefe de Sección de Apoio Xurídico», na columna Grupo, onde di: «A/B/C», debe figurar: «A».

No centro de destino Demarcación Galicia-Norte (A Coruña), nos postos cos códigos «OT.B99.20.000.15001.031 Servicio Autorizacións e Concesións» e «OT.B99.20.000.15001.039 Xefe de Sección Vertidos», na columna Grupo, onde di: «A/B», debe figurar: «A», e no posto co código «OT.B99.20.000.15001.045 Xefe Sección Xurídico Administrativa», na columna Grupo, onde di: «A/BC», debe figurar: «A».

No centro de destino Demarcación Galicia-Centro (Santiago de Compostela), nos postos cos códigos «OT.B99.20.000.15770.031 Servicio Autorizacións e Concesións» e «OT.B99,20.000.15770.039 Xefe de Sección Vertidos», na columna Grupo, onde di: «A/B», debe figurar: «A».

Na páxina 9.947, no centro de destino Demarcación Galicia-Sur (Vigo), nos postos cos códigos «OT. B99.20.000.36560.031 Servicio de Autorizacións e Concesións», «OT.B99.20.000,36560.039 Xefe de Sección Vertidos», «OT. B99.20.000.36560.047 Xefe de Distrito Pontevedra Costa» e «OT.B99.20.000.36560.049 Xefe Distrito Pontevedra Interior», na columna Grupo, onde di: «A/B», debe figurar: «A».

11672