Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso para o aluguer de maquinaria e a subministración de materiais.

Obxecto e tipos de licitación: contratación para o ano 1999 dos seguintes (IVE incluído):

-Aluguer de maquinaria e transporte vehículos: 35 lotes por un total global de 149.185.000 pesetas.

-Subministración de materiais (emulsións, áridos, aglomerados, etc.), 16 lotes por un total global de 259.925.000 pesetas.

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso, figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Plicas: durante os 26 días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% dos tipos de licitación, e a definitiva do 4% dos prezos de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 18 de decembro de 1998.

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Rubricado

O secretario da Deputación Provincial de Pontevedra

Rubricado