Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración dunha calandra con destino ó Pazo de Mariñán. (Expediente 98/11449 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dunha calandra con destino ó Pazo de Mariñán.

Lugar de execución: Pazo de Mariñán.

Prazo de execución: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 2.000.000 de ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 80.000 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 18 de decembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

11680