Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de novembro de 1998 pola que se lle outorga a Barlovento, S.A., permiso de actividade para centro de expedición en Porto Meloxo, 135, O Grove.

Visto o expediente iniciado por instancia de José Soutullo Torres, DNI nº 35.204.906 en representación de Barlovento, S.A. no que solicita permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións que posúe en Porto Meloxo, 135, O Grove, autorizadas como estación depuradora.

Tendo en conta que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares, situados na zona terrestre (DOG nº 142) e demais lexislación concordante.

Vistos os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial de Vigo, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Barlovento, S.A. con CIF (A-36013340), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro de expedición, nas instalacións autorizadas á citada empresa como estación depuradora por Orde do 6-4-1976 (BOE nº 94 do 19 de abril), en Porto Meloxo, 135, O Grove (Pontevedra).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade, que terá vixencia desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 19 de abril de 2006, poderá ser prorrogado discrecionalmente, a petición do interesado, presentada nos sesenta días anteriores ó remate da vixencia.

Segunda.-A presente autorización non implica modificacións na estructura, distribución da nave, nin do dominio público marítimo-terrestre ocupado, sinalados na orde de outorgamento da estación depuradora.

Terceira.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño, sinalados.

Cuarta.-O establecemento cumprirá as condicións establecidas no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro (BOE nº 76) polo que se aproba a regulamentación técnico sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos e demais lexislación aplicable a este tipo de establecementos.

Quinta.-O outorgamento do permiso de actividade, non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que, de acordo coa lexislación vixente, sexan procedentes.

Sexta.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados), ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

P.O. (17-12-1997, DOG 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

11549