Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/225-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S. 20 kV, R.B.T. e C.T. de 630 kVA en Corbeiro.

Situación: Fisterra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 430 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da L.M.T. faro Fisterra e remate no C.T. Corbeiro, tipo prefabricado de 630 kVA a 20 kV-B2 e acoplamento a R.B.T existente. Concello de Fisterra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11344