Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lexas.
Situación: Vimianzo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 7 m de lonxitude en conductor tipo LA-56 que parte da L.M.T. Allo-Vimianzo e remate no C.T. que se vai construír, tipo aéreo de 100 kVA, no lugar de Lexas. Concello de Vimianzo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 25 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11337