Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.706

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 16 de decembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, anunciada pola Orde do 14 de outubro de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 14 de outubro de 1998 (DOG nº 208, do 27 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta de dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicándolles destino nos postos de traballo que se indica ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Nº R.P.: 3544645857 A2053.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Mosquera Patiño, Gumersindo.

Posto de traballo: xefe de Sección de Habilitación e Caixa.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Nº R.P: 3498355224 A2207.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Seara Atanes, Mª Dolores.

Posto de traballo: secretario/a de director xeral.

Nivel: 18.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: D.X. Desenvolvemento Rural.

11592