Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.696

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, pola que se anuncia unha poxa para o alleamento dun inmoble na localidade de Castro Caldelas (Ourense).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, coa data do 16-9-1998, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, que acordou a súa venda e declarou a súa alienabilidade coa data do 4-9-1998, para o alleamento do inmoble que a seguir se describe:

Vivenda sita na rúa Laguiñas, 8-3º I, de Castro Caldelas, duns 90 metros cadrados, xunto cun rocho no faiado duns 30 metros cadrados, que figura inscrita a nome da Tesourería Xeral da Seguridade Social no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives, no tomo 347, libro 59 de Castro Caldelas, predios nº: 6.205 e 6.208, nos folios 150 e 151 Vto., respectivamente, inscrición 4ª.

A poxa rexerase polas cláusulas administrativas que figuran nos pregos de condicións que se atopan á diposición dos posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Ourense, rúa Concello, 1, na Sección de E.S.P.E. e Patrimonio (2º andar).

A devandita poxa terá lugar ante a mesa que se constituíu para os efectos, ás 9.15 horas do día 13 de xaneiro de 1999, na sala de xuntas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Ourense, no 1º andar da rúa Concello,1.

Ourense, 26 de novembro de 1998.

Jorge A. Borrajo Quintana

Director provincial da Tesourería Xeral da

Seguridade Social de Ourense