Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 17 de novembro de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación de resolución do recurso de revisión do expediente sancionador C-1983/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de revisión do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para poderen examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5º andar-A Coruña), e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: C-1983/96.

Denunciado: Antonio Javier Dopico García.

Domicilio: Merced, 19-1º-A Coruña.

Sanción: trinta e cinco mil pesetas (35.000).

Recurso de revisión presentado o día: 22-8-1997.

Resolución do recurso de revisión: desestimatoria, confirmando a sanción de trinta e cinco mil pesetas (35.000).

A Coruña, 17 de novembro de 1998.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

11064