Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 98/2-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de productores eléctricos, creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decem

bro, dunha planta de coxeración que ten como características principais as seguintes:

a) Peticionario: Cooperativas Orensanas, S.C.L. (Coren), con domicilio social na rúa Juan XXIII, 30, 32003 Ourense.

b) Emprazamento: Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, para un mellor aproveitamento enerxético na factoría.

d) Equipamento básico: 2 motores alternativos de combustión interna de 3.400 kWm, a 600 r.p.m. funcionando con fuel-gasóleo.

2 alternadores de 4.087 kVA, tensión de xeración 6 kV, 600 r.p.m. e 3.250 kW activos.

2 transformadores elevadores 6 kV/20 kV e elementos de protección e 4.000 kVA.

Instalacións de recuperación de calor e servicios auxiliares de planta.

e) Orzamento: 306.008.500 ptas.

O que se fai público para que os interesados poidan examina-lo anteproxecto da instalación nesta delegación provincial, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º de Ourense, e, de formular, no prazo de trinta días a partir da publicación deste anuncio, as reclamacións que se estimen oportunas.

Ourense, 17 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10825