Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/415-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: r/ Mancebo, 6, 15600 Pontedeume.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Airoa.

Situación: Irixoa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 15/20 kV de 0,009 km, con orixe na L.M.T. Caselas-Ambroa e final no C.T. proxectado Airoa, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA, 15.000/380-220 V en Airoa do Rei. R.B.T. aérea de 0,764 km con orixe no C.T. proxectado de Airoa, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 10 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10796