Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión realizada o día 20 de novembro de 1998, acordou aprobar inicialmente unha nova regulación do fondo edificable para as ordenanzas 1, 2, 3 e 4 do artigo 30 das normas subsidiarias de planeamento, solo urbano de edificación colectiva, que será xenericamente de 60 m e que non supón aumento de volume, dispoñendo someter a información pública a documentación integrante da dita modificación polo prazo dun mes contado desde a aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que deberá publicarse, así mesmo, nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo calquera entidade ou persoa interesada poderá examina-la documentación integrante da modificación na Secretaría do Concello e presenta-los escritos e alegacións que estime convenientes.

Sada, 24 de novembro de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde