Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de obras para a realización de selaxe e clausura de explotacións mineiras subterráneas antigas abandonadas na zona da Serra da Barbanza (A Coruña) e outras.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 5/98.

Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: obra de selado e clausura de explotacións mineiras antigas abandonadas na zona da Serra da Barbanza (A Coruña), así como as minas situadas na parroquia de San Martiño de Aríns no concello de Santiago de Compostela; Monte Faro de Vimianzo e as minas de Freixo-Marcelle de Monforte de Lemos.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 15-7-1998.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: vintenove millóns novecentas oito mil catrocentas corenta e nove pesetas (29.908.449 ptas.).

Adxudicación:

Data: 2-9-1998.

Contratista: Auxiliar y General de Servicios, S.L. (GAUX).

Nacionalidade: españolas.

Importe de adxudicación: vintenove millóns oitocentas noventa mil pesetas (29.890.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10815