Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre os programas da Unión Europea dirixidos á internacionalización.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio.

Número de expediente: 1/98.

Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun estudio para identifica-los programas e medidas da Unión Europea dedicados ó fomento da internacionalización e as exportacións.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 23-6-1998.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: once millóns de pesetas (11.000.000 de pesetas).

Adxudicación:

Data: 4-8-1998.

Contratista: Eurogestores SPRL.

Nacionalidade: belga.

Importe de adxudicación: dez millóns novecentas noventa e cinco mil pesetas (10.995.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10813