Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.638

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas para promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de facultativos de arquivos e bibliotecas polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 14 de abril de 1998 da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 20 de maio) e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

Este rector, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e o artigo 78 n) dos estatutos da universidade,

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela ós aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira da escala de facultativos de

arquivos e bibliotecas da universidade, o interesado prestará xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberá efectuala, no prazo dun mes, contado a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade recollida no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a publicación desta resolución, e deberán cumunicarlle previamente ó rector da universidade a súa interposición.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela.

Apelidos e nomeDNI

1. Couce Cachaza, Celia32.607.057

2. Álvarez García, Mª Isabel33.206.624

3. Méndez García, José Francisco32.429.413

4. Abad López, Marta María32.449.496

5. Cantalapiedra Álvarez, Mª Julia33.839.885

11068