Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.628

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO LUCENSE DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998 pola que se convoca a provisión das prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego para 1998.

No BOP nº 269, do 23 de novembro de 1998, publícase a resolución da presidencia do 12 de novembro de 1998, pola que se convoca a provisión das prazas /postos de persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego para 1998 do INLUDES, que se proverán polo sistema de concurso, así como as bases, aprobadas en sesión do 27 de abril de 1998, polas que deberá rexerse a dita convocatoria.

A denominación, número de prazas, grupo de clasificación e nivel de titulación son os que se sinalan a continuación. As restantes características figuran no anuncio de convocatoria publicado no BOP xa citado.

Grupo (artigo 26 do convenio colectivo): D. nivel de titulación: graduado escolar, F.P. 1 ou equiva

lente. Denominación: auxiliar administrativo. Número de vacantes: dúas.

Solicitudes: os que desexen tomar parte no concurso deberán presentar solicitude axustada ó modelo oficial que se facilitará no Negociado de Xestión de Programas, Rexistro e Información do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, INLUDES, dirixidas ó presidente. Coas instancias indicadas deberán achega-los documentos xustificativos dos méritos alegados conforme o baremno anexo á convocatoria.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Lugar de presentación: presentaranse no resixtro xeral do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, INLUDES, ou en calquera dos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dereitos de incrición: os aspirantes deberán ingresar en Caixa Galicia urbana 7 c/c nº 2091-0163-47-31100650/9, a cantidade de 2.000 ptas. en concepto de dereitos de inscrición; o xutificante terá que achegarse necesariamente coa solicitude.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste instituto.

Lugo, 26 de novembro de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente do Instituto Lucense de

Desenvolvemento Económico e Social

Faustino Martínez Fernández

Secretario do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social