Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra de actuacións en EE.PP. zona norte (Silleda, Cambados, Poio, Meaño, Moraña, Portas, Moaña, Illa de Arousa e Meis).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, por importe de 74.230.225 pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 26 de novembro de 1998.

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Rubricado

O secretario da Deputación Provincial de Pontevedra

Rubricado

11005