Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. travesía Meicende, 119.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 15 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. subterránea do C.T. Meicende a C.T. Bordairas e remate no C.T. tipo subterráneo na travesía de Meicende nº 119, de 630 kVA. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, de 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 11 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10755