Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da execución das obras do proxecto de rexeneración superficial do formigón da marquesiña do paseo de Alfonso XII sobre a rúa Poboadores de Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 24650/250.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: execución das obras do proxecto de rexeneración superficial do formigón da marquesiña do paseo de Alfonso XII sobre a rúa Poboadores.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 9.999.338 ptas.

5. Garantías:

Provisionais: 2% do orzamento base.

6. Obtención de documentación e información:

Rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40. Correo electronico: ofi.patmun*vigo.org.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica na forma sinalada na letra j) da cláusula 12.2.1 do prego de condicións administrativas.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 4 de decembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

11515