Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación das obras de reparacións varias (illamento térmico) no grupo de 50 vivendas chamado Virxe do Cristal en Celanova, provincia de Ourense. (Expediente OU-98/REP02).

Obxecto: execución de obras de reparación de vivendas.

Orzamento: sete millóns duascentas mil cento cincuenta e nove (7.200.159) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento corenta e catro mil tres (144.003) pesetas, IVE (16%) incluído.

Garantía definitiva: duascentas oitenta e oito mil seis (288.006) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución

no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura da proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

10954