Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/166-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilar de Arriba e Abaixo.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña subestación Padrón-Ponte Espiño e remate no C.T. Vilar de Arriba e Abaixo, que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vilar de Arriba e Abaixo. Redes de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.775 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vilar de Arriba e Abaixo, en seccións de 150, 95, 50 e 25 mm Al. 1.550 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ponte Espiño, en seccións de 95, 50 e 25 mm Al. 180 m lonxitude, con orixe no C.T. Faramello, en seccións de 95 e 50 mm Al. Teo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 10 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10696