Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Barbeita.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aéreo a 15/20 kV de 20 m de lonxitude na LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Retriz e final no C.T. que se vai construír en Barbeita de 50 kVA. Concello de Miño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 10 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10693