Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/381-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: ampliación de potencia C.T. Cabanas e R.B.T.S.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: reforma parcial da caseta de Cabanas a 15/20 kV e ampliación pontencia a 250 kVA e rede de baixa tensión de 389 m de lonxitude en conductor R.Z. de 240 mm Al. Concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de novembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

10590