Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, do servicio de vixilancia dos edificios nos que están situadas as delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e doutras consellerías, na Coruña, Ourense e Pontevedra, así como na Casa da Parra en Santiago de Compostela.

1. Obxecto: a contratación do servicio de vixilancia dos edificios nos que están situadas as delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e outras consellerías na Coruña, Ourense e Pontevedra, así como na Casa da Parra en Santiago de Compostela.

2. Prazo de execución: un ano.

3. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública en días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Coruña, Ourense e Pontevedra.

4. Fianza provisional: 600.000 pesetas.

5. Fianza definitiva: 1.200.000 pesetas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo 2 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 16 de xaneiro de 1999.

8. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presi-dencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 20 de xaneiro de 1999.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

11181