Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/173-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Cados 99, S.A.

Enderezo social: Avda. Habana, 24 entresollado, 32003 Ourense.

Denominación: Interconex. grupo Autox. de C.H. río Cadós coa L.M.T. de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Situación: Bande.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 438 m de lonxitude en conductor LA-30 para interconexiona-la central hidroeléctrica do río Cadós coa liña As Conchas-Celanova propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10691