Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (473/1998).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo: fai saber que no expediente de suspensión de pagamentos número 00473/1998 da entidade Kaioh Europe, S.A., se decretou por auto desta data o estado de suspensión de pagamento e insolvencia definitiva de Kaioh Europe, S.A. e convoca-los acredores á xunta xeral que terá lugar na sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 21 de xaneiro de 1999 ás 10 horas coa prevención de que poderán concorrer persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, salvo que no prazo de cinco días o suspenso ou acredores que representen os 2/5 do total pasivo pidan que se sobresexa o expediente ou que se declare a quebra. Faise extensivo o presente edicto ós acredores que non sexan atopados no seu domicilio cando sexan citados na forma prevista no artigo 10 da vixente Lei de suspensión de pagamentos.

Vigo, trece de novembro de mil novecentos noventa e oito.

El secretario

Rubricado

11464