Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do parque eólico chamado Montouto, nos concellos de Abadín e Muras (Lugo).

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembor, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública durante trinta días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do parque eólico chamado Montouto nos concellos de Abadín e Muras (Lugo) solicitado pola empresa Norvento, S.L.

Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de impacto ambiental porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Industria.

Dirección Xeral de Calidade y Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo.

Concellos de Abadín e Muras.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de información pública á Dirección Xeral de Industria.

Caurto.-Unha vez rematado o prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1998.

Joaquín del Morla Crespo

Director xeral de Industria

10588