Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN de 19 de novembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación das adxudicacións definitivas das contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

*Subministración de 126 camas para o Hospital Provincial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-22/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 126 camas para o Hospital Provincial de Pontevedra.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 125, do 1 de xullo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintecatro millóns novecentas vinte e oito mil novecentas sesenta pesetas, IVE incluído (24.928.960 ptas., IVE incluído).

5. Adxudicación.

Lote único.

a) Data: 17 de setembro de 1998.

b) Contratista: Dismoga.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintecatro millóns trescentas vintetrés mil oitocentas trinta pesetas, IVE incluído (24.323.830 ptas., IVE incluído).

*Subministración de equipamento electromédico e moblaxe con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-24/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento electromédico e moblaxe con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

c) Lote: dous lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 179, do 15 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns catrocentas oito mil pesetas, IVE incluído (14.408.000 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 1: central de monitorización, 4.000.000 pesetas.

Monitor de cabeceira, 7.600.000 pesetas.

Lote nº 2: camas de coidados especiais, 2.808.000 pesetas.

Adxudicación.

Lote nº 1: central de monitorización e monitor de cabeceira.

a) Data: 17 de novembro de 1998.

b) Contratista: Hewlett Packard Española, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns seiscentas mil pesetas, IVE incluído (11.600.000 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 2: monitor de cabeceira.

a) Data: 17 de novembro de 1998.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns catrocentas unha mil novecentas trinta e seis pesetas, IVE incluído (2.401.936 pesetas, IVE incluído).

*Subministración de equipamento dun ecógrafo para xinecoloxía de atención primaria de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-25/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun ecógrafo para xinecoloxía de Atención Primaria de Ourense.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 181, do 17 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sete millóns de pesetas, IVE incluído (7.000.000 pesetas, IVE incluído).

5. Adxudicación.

Lote: lote único.

a) Data: 16 de novembro de 1998.

b) Contratista: G.E. Medical Systems España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: sete millóns de pesetas, IVE incluído (7.000.000 de pesetas, IVE incluído).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1998.

Antonio Fenández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

11300