Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 98/0017 e e tres máis.

De conformidade con disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade con previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 18 de novembro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

P-98/0017Juan Reboredo Barreiro

32.767.657

Meixigo-Cambre

Cortar ou destruír de xeito significativo a vexetación de ribeira34.22º en concordancia con 91.21ºMenos grave50.001 ptas. multa 35.706 Indem. inhabilitación 1 ano

P-98/0055Dionisio Sánchez Solon

06.527.874

Soutullo-Rus-Carballo

Pescar en veda e con 8 canas34.8º e 33.4º en concordancia co 91.8º e 90.4ºMenos grave Leve75.000 ptas. multa inhabilitación 1 ano

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

P-98/0064Luis Sánchez Rico

76.330.682

Murexeses, 22-Oza

Pescar en río vedado34.6º en concordancia co 91.6ºMenos grave50.001 ptas. multa inhabilitación 1 ano

P-98/0107José E. Veiga Peón

46.914.613

Cantón Grande, 182-1º Melide

Pescar con 2 canas33.4º en concordancia co 90.4ºLeve15.000 ptas. multa

10839