Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería dos centros de Servicios Sociais de Petín e Viana do Bolo (Ourense).

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, en virtude do disposto na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio de cafetería nos seguintes centros:

*Centro de Servicios Sociais de Petín e Viana do Bolo (Ourense).

*Canón mínimo de explotación: seis mil pesetas (6.000 ptas.) anuais.

*Prazo de execución: 1 ano prorrogable por períodos anuais.

*Clasificación do contratista: non se esixe.

*Garantía provisional: non se esixe.

* Forma de tramitación: urxente.

*Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica, poderán ser examinados nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de 10 a 14 horas, nos días hábiles.

*Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

*Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Ourense, Avda. Zamora nº 13, en sobres pechados ou por correo

con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

*Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 13 días naturais ás 14 horas.

*Documentación que deberán presenta-los licitadores: o licitador presentará en sobre pechado e asinados por el, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

*Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

*Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense na Avda. Zamora nº 13, ás 10 horas en acto público.

Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

*O pagamento deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 20 de novembro de 1998.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

10895