Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/82-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171 A, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Casal de Reis.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 362 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte de la L.M.T. Padrón-Iria-Ponte Ulla (derivada a Reis expediente 52301) e remate no C.T. de Casal de

Reis de 50 kVA e a súa rede de baixa tensión de 1.600 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Teo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 9 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10535