Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. subterránea.
Situación: Carballo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 30 m de lonxitude cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240 mm) Al e que parte do apoio nº 10 da L.M.T. de Carballo, circuíto do exterior e remata no C.T. tipo prefabricado en Pedrafurada de 400 kVA a 15.000±2,5-5/398-230 voltios. Concello de Carballo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, de 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización
de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 9 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10532