Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (681/1998).

Eu, Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela. Fago saber:

Que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por José Ramón Cobas Villar e 11 máis, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido, Pedra Vila S.A, para que o día 3 de febreiro, ás 10.10 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírteselle que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer se realizarán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén se lle advirte que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio: e que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle tamén

que as copias da demanda e os documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Ó mesmo tempo, cítase o representante legal da devandita empresa para que preste confesión xudicial e requíreselle para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: recibos oficiais do pagamento dos salarios ós demandantes, os boletíns de cotización á Seguridade Social e o libro de matrícula de persoal.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado, Pedra Vila S.A., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1998.

O secretario

Rubricado

10538