Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: prestación do servicio de explotación do comedor da Residencia Universitaria Santa María.

3. Orzamento: máximo 15.000.000 de ptas.

4. Duración do contrato: un ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 14 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

9. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 276, con data do 1 de decembro de 1998.

Lugo, 1 de decembro de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo